lunes, 26 de octubre de 2009

Editando...

Hoxe cando saín da clase ocurríanse moitas máis ideas para esta entrada, pero para ben, ou para non tan ben, pouco a pouco funas cambiando por outras e agora xa non teño moi claro sobre o que quería falar. A ver que se me ocurre.
Resulta que hoxe na clase de TIC, o profesor, que debe ser o único que se molesta en ler esto, ou que polo menos mo di, "recomendoume", que quitara un dos anteriores post deste blog, algo que xa fixen, mellor dito, editeino, que ben sendo o mesmo.
O post orixinal, que non é posible ver, tiña un comentario referido á morte de Andrés Montes, periodista deportivo que faleceu a pasada semana, en circunstancias que aínda se descoñecen publicamente, ou mellor dito, eu non vin que se publicara nada; pero volvendo ó meu comentario, este viña dicindo algo así como que me alegraba de non ter que escoitalo máis, vou aforrar escribir de novo a frase literalmente, aínda que creo que sería máis oportuno para desenvolver este post máis acorde coa realidade.
A verdade é que os me ides coñecendo sabedes que me encanta a polémica e discutir/debatir sobre calquera cousa, polo que o mencionado post ía bastante na miña liña, xa que aínda que eu non o considero ofensivo, como se dixo, si é posible que ande na liña que separa unha opinión dunha calumnia; porque polémica aparte, a realidade é que me alegro de non ter que escoitar máis a ese periodista, non me alegro da súa morte iso que conste, pero de calquera xeito este ben ou non é a miña opinión e punto.
Volvendo ó post, según a interpretación do profesor, non respetaba as normas da netiqueta, concretamente por, como xa dixen, ser ofensivo, para con unha persoa, neste caso o falecido Andrés Montes. Chegados a este punto, querería comentar un par de cousas:
Primeiro, eu non considero que o mencionado post, fose unha falta de respeto a ningúen, simplemente era unha opinión, manifestada sen ningún tipo de descalificación, sobre unha persoaxe pública, en especial, cando o seu traballo dependía de saír nos medios.
E en segundo lugar, gustaríame facer unha reflexión sobre a censura, xa que o tema pode ser apropiado para iso.

Segundo a Wikipedia a cal contrastei con outras fontes, a censura supón a prohibición de producir, publicar e difundir [...] a mera expresión coloquial de certos temas (a grandes rasgos).
Tendo en conta esta definición, e aplicando a miña opinión, o meu post foi censurado, o cal sen dúbida non me parece moi oportuno sobre todo tendo en conta que isto é un medio de expresión, por moito que non sexa unha páxina persoal, aínda que en fin, que máis ten.
Cada un que xulgue como queira.
Imaxe obtida de
aquí.

0 comentarios: