martes, 17 de noviembre de 2009

Érase un martes con blog

Ben, ben, ben... Hoxe é martes e toca blog, raro, a verdade sobre todo porque a iso nos adicamos os venres, aínda que, como este venres fumos de excursión, e onte non veu o profesor con iso andamos.
A verdade é que o venres pasámolo ben, moi ben diría eu por Pontevedra polo menos, que o tempo que estivemos vendo petroglifos en Castro Caldelas xa foi outro conto, menuda friaxe facía! De calquera xeito aínda o pasamos bastante ben, sobre todo no tempo que tivemos libre que aproveitamos para ir dar unha volta, ir de compras...


Cando non o estou pasando xa tan ben é agora, que teño moito traballo atrasado e non me vai quedar outra que poñerme con el, aínda que non me apetece nada de nada, pero que lle vou facer.
Hoxe ademais estou con menos ganas que de costume; acabamos de facer o primeiro exame de inglés da tempada e o único que me apetece é deitarme no sofá a durmir un anaco, e iso que creo que me saíu ben...
Veña, ata aquí por hoxe, outro día máis e, mellor?

Na imaxe vense uns petroglifos en Marín, está sacada de aquí.

0 comentarios: