jueves, 3 de diciembre de 2009

Un un a cero, ou era un cero a un?

Este domingo xogouse o consabido partido do Barcelona contra o Madrid, e aínda que a cousa semellaba máis empatada que de costume, pois volvimos perder... tamén como supoño que saberedes. O caso foi que desta vez non mereciamos ese resultado (o Madrid, quero dicir), nesta ocasión tivemos a maioría das ocasiones claras e dominamos o partido, sobre todo durante a primeira parte, na que o barça apenas pasou do medio do campo, para que logo digan que son os mellores do mundo! en fin, que na única vez que tiraron a porta marcaron, un bo gol iso si que o hai que recoñecer. Resumindo, que outra vez máis non fumos capaces de ganarlle o Barcelona, e xa van tres clásicos seguidos, que xa empeza a ser algo preocupante, menos mal que en abril temos a oportunidade de cambiar as cousas. Cambiando de tema, outros que semella que van gañando tamén a súa cruzada contra a piratería son os produtores musicais e demais persoaxes do "mundillo" que segundo leo en El Pais xa se saíron coa súa e conseguiron que o ministerio de cultura se tome a liberdade de cerrar webs piratas se o cree oportuno.
Eu entendo que queiran cobrar polo seu traballo, pero que o vendan a un precio xusto, eu dende logo non pago 20 ou máis euros por un CD de música. Así que viva a piratería!
A foto está sacada de aquí.

0 comentarios: