miércoles, 13 de enero de 2010

De volta á clase ou a clase volta?

Xa toca volver con isto, e mirade que non me apetecía nada, pero claro, menos aínda me apetece poñerme cos deberes de mate, así que tampouco me podo queixar, que a fin de contas isto tampouco está tan mal, aínda que non é deitarse no sofá ver a tele que o que morro por facer.
Comezaron as clases outra vez, menuda novidade por certo! pero é que o de escribir un post cada vez que deixo o blog por unha tempada é algo que sempre me gustou facer, aínda que sexa irrelevante.
Eu non sei a vós, pero a min as vacacións fixéronseme curtísimas, vamos, que nin me decatei delas, e iso que aínda fixen bastantes cousas, en fin, supoño que sería porque o pasei ben, o cal tamén e certo, e vós, como pasastes as vacacións?
Cambiando de tema, a continuación déixovos un vídeo en plan de humor sobre Guti, o xogador do Madrid. Cando o vin no telexornal pareceume boísimo e a verdade é que che da a risa vendo como se mete cos periodistas, a min polo menos. Non vía nada mellor dende Schuster, e xa vai máis dun ano que non di nada interesente; con permiso de Maradona, que xa me olvidaba eu da última desta persoaxe, dende logo non entendo que lle ven os arxentinos.
Por certo, voltamos á clase ou a clase voltou?

0 comentarios: