miércoles, 10 de marzo de 2010

Quéixome, quéixaste, quéixase...


Ben, ben, xa había tempo que non escribía unha entrada destas, destas nas que xeralmente me queixo de algo ou me meto con alguén, así por seguir unha liña semellante...
Hoxe voume queixar de todo o que estamos tendo que estudar e traballar este ano, e iso que tomeime a tarde "libre" que non me apetecía facer nada, aínda que ó final acabe facendo esto, que polo menos é algo máis lixeiriño. O caso é que quitando un par de asignaturas, este ano é aburridísimo! E non o digo por dicir pero é que a verdade é que esta avaliación estáseme facendo bastante dura, e non me dan chegado as vacacións, menos mal que o venres imos de excursión e xa se pasa un día, que tamén boa falta fai.
Outra das cousas que non me está gustando nada este ano é que morro de sono día si, día tamén; eu xa non o entendo, pero a verdade é que non hai un día no que non teña que poñer a man diante da boca un montón de veces. Falando diso, tamén teño que dicir que se non estou poñendo a man diante da boca polo sono é porque estou tusindo, que eu xa non sei cantos catarros levo este ano, que ando outra vez con outro enriba. En fin... un desastre.
Menos mal que sempre quedan detalles positivos como o partido de esta noite, sempre e cando gañemos (cando digo gañemos refírome ó R. Madrid) que senón de bo vai ter pouco, tamén o teño que ter en conta.
Bahh, de todas formas tampouco sei por que me queixo tanto, se total, tampouco estou tan mal, aínda así, deixo unha foto dun "interesante" artigo dun xornal, curioso, sen dúbida; a ver se algún profesor o ve e toma nota* jejeje...


0 comentarios: