viernes, 9 de abril de 2010

2 de 3

Ben, o título refírese ó número de avaliacións que xa levamos superadas ou aturadas segundo se mire e é que resulta que hoxe é o primeiro día que temos TIC da avaliación, e grazas a iso pois temos a clase libre, máis ou menos, de todas formas, xa que temos que traballar no blog.
Hoxe levamos un día máis ben aburrido; que tamén teño que dicilo, se penso así é porque antes tivemos filosofía e non aguanto esa clase, que aburrimento! Menos mal que temos a última hora libre que o profesor de física está en Madrid de excursión e poderei relaxarme un pouco que senón...

Cambiando de tema, o que se me está ocorrendo agora é que este sábado é o tan esperado partido do Madrid contra o Barça que a verdade é que morro de ganas de velo, se gana o Madrid claro, que senón vou ter que facer como Guti e marchar, aínda que espero buscarme unha excusa un pouco mellor... Aínda así, e resultados aparte, agardo que o partido sexa interesante e que o resultado sexa o título deste post invertido e me leve uns cartiños, pois un 3-2 é o que puxen na porra da clase, que estaría moi ben gañar por certo.
En fin, isto é todo por hoxe, que non me apetece traballar máis xa o primeiro día.
Na imaxe vese a Gran Vía de Madrid. Está sacada de aquí.

0 comentarios: