miércoles, 21 de abril de 2010

E sigo a voltas co sol

E é que o sol non apareceu aínda, fixo un pequeno amago este finde, pero nada, o ceo segue totalmente nubrado e mesmo chove, e eu xa non sei que facer que entre que ver o tempo así xa me pon de mal humor e que limita bastante que facer pola tarde, pois nada, toca actualizar o blog, a ver se chegan as 10 da noite dunha vez e con elas algunha serie, aínda que penso que hoxe non dan nada que me guste.
Cando si que teño serie, ou "seriaza" é mañá (como non o día do meu cumpreanos) que comeza aínda non sei se na 2 ou en FOX, Mulleres Desesperadas, unha das miñas series preferidas, e que levo agardando por ver dende o día que rematou a pasada tempada, dunha forma moi emocionante por certo.


Eu xa vin o primeiro capítulo por Internet e a verdade é que esta tempada promete, xa que chegan a Wisteria Lane novas persoaxes, xa como se ve no primeiro capítulo cargadas de misterio, así que xa sabedes, se queredes engancharvos a outra nova serie, con esta quedades prendidos dende o primeiro momento.
Cambiando de tema, onte o Barcelona por fin perdeu, que xa eran horas! e complícaselles ben pasar á final do Bernabeu (menos mal) así que para a semana que ben a ver se o Inter nos acaba de confirmar a ledicia de onte.
Isto é todo por hoxe, outro día máis e, mellor?

Foto sacada de aquí.

0 comentarios: