sábado, 15 de mayo de 2010

O camiño e a manifestación

Ben, pois resulta que este mes de xuño imos ir facer o Camiño de Santiago dende O Cebreiro, unha excursión que a min polo menos paréceme moi interesante e ademais, creo que o imos pasar moi, moi ben, aínda que eu recoñezo que o de camiñar non é, nin moito menos, o meu. É máis, paréceme que vou chegar coas pernas destrozadas e os pés desfeitos, aínda que agardo que merecerá a pena.
O percorrido será duns 150 Km que faremos nuns 5 días e agardo, a un ritmo bastante moderado, que senón a máis de un vainos custar moito e máis se, coma me sucede a min, iso de entrenar antes gústanos pouco.

Cambiando agora de tema, este luns, en Santiago, volve a haber manifestación para protestar contra o "decretazo" contra o galego aprobado polo goberno de Feijoo coincidindo co día de Galiza, así que agardo vervos alí. Lembrade que hai autobuses dende todas as comarcas da comunidade e que a manifestación arrancará dende a alameda compostelana ás 12 da mañá.
Vémonos alí...
A foto está sacada de aquí.

0 comentarios: