lunes, 5 de octubre de 2009

Number one

En fin, a verdade é que non sei como comezar e iso que é a primeira entrada deste blogue, vamos, que empezo ben, ben de cu máis ben, pero polo menos teño a escusa de que non teño a cabeza para pensar moito; teño un sonazo... que para que vos vou contar.
Resulta que este venres foi a elección da cidade candidata para organizar os Xogos Olímpicos en 2016 (que vos vou dicir se levan un mes falando do mesmo) e, perdeu Madrid, que xa hai que ter mala sorte para chegar á final e perder, menos mal que non cheguei a apostar nada por Madrid, que non andiven moi lonxe tamén teño que dicilo, pero bueno, polo menos botei a tarde vendo a cerimonia na tele, aínda que saíse de mal humor.Outra das cousas que me non me sentou nada ben este finde foi que o Madrid, pero agora o equipo de fútbol perdeu tamén, e xustamente, que é o que máis me jode, para ser claro. Xogábamos contra o Sevilla e a verdade, contaba con que o partido acabara de outro xeito, aínda que tendo en conta como xogou algún que outro dos nosos, un 2 a 1 foi un resultado bastante aceptable; menos mal que estaba Casillas!
En fin, que o finde non me cundiu moito, sobre todo cando o máis interesante que teño para contar ten que ver cos deportes.
A todo isto, que xa se me esquecía, este é o meu blogue, que xa o di no título, agardo que vos guste e que me leades moito, e recórdovos que podedes comentar, ten
tarei contestar.... Outro día máis e mellor (ou iso agardo).
Imaxe procedente de pinchar aquí.

0 comentarios: