lunes, 12 de octubre de 2009

O que hai que ler (e oír)

Xa a segunda entrada e non sei que escribir, mellor dito, non sei de que me amarga menos escribir, ben empezo! , que bueno, temas aínda se me van ocurrindo, cada cal máis pesado iso si.
5 minutos despois... O final decidín que o mellor e máis rápido era abrir El pais e botarlle un ollo ás noticias a ver que aparece. Por unha banda topo de frente cun notición sobre o caso gurtel, vamos, debe selo polo tamaño dos titulares que non sei se me apetece lelo agora mesmo, en fin, que doulle un toque ó cursor e vexo que debaixo hai outra noticia de chorizos, esta vez dos legales (Facenda) así que sigo a baixar e topo cos deportes e cunha foto de Ronaldo jodido (outro que tamén empeza ben) e como iso xa o lera antes sigo a baixar.

Esta vez parece que topo con algo interesante, cando menos curioso, xa que resulta que un grupo de ecoloxistas, de Greenpeace, según pon aquí, subiu polo parlamento británico arriba ata chegar á zona do reloxo do Big Ben. A verdade é que ten mérito a cousa, que tal e como está iso de policía, anda que non ten que ser difícil colarse, en fin, polo menos foi por unha boa causa.
Volvendo ó xornal, non topo con ningunha outra noticia especialmente interesante quitando unha foto de Hillary Clinton descojonándose, ou aparentándoo, que sería o que faría eu diante de Gordon Brown, que anda que non é soso ese home, que pouco vai durar de presidente... aínda que non vos enganedes, é cañero, segundo di levántase escoitando ós Artic Monkeys, que xa hai que telos ben grandes, iso si, non sabe nomear ningunha canción deles. Dende logo o que hai que oír por non estar xordo, que me dixeron a min nalgunha ocasión.

1 comentarios:

Alguen dijo...

artic monkeys!!! esta chulisimo